Gracias a la revista «A MOVIDA GALEGA», por el reportaje que nos hicieron de «O apoderamento de emprender» donde compartimos articulo con mujeres emprendedoras tales como:
NAI DISEÑOS
En outubro de 2019, Ana Loredo fíxose empresaria. Logo de traballar moitos anos por conta allea, deuse conta de que necesitaba un cambio de rumbo. Quedar no paro axudoulle a ter un tempo de reflexión para iniciarse na técnica do macramé, da que vive a marca á que deu luz: Nai Diseños. «O macramé é unha técnica cen por cento artesanal; non fai falta nada máis que a corda e as mans para facer nós. Pareceume superversátil», explica Ana, que fabrica bolsos, tapices ou cestas que vende baixo demanda a través da web.
PRISMA IGUALDADE

O propósito en común das dúas compañeiras que en setembro do ano pasado puxeron a andar a marca Prisma Igualdade, está declarado: «Achegar a igualdade a persoas e organizacións». Namentres que Cristina Louzán procede do ámbito da consultoría empresarial, Priscila Retamozo dedicábase principalmente a impartir formacións en igualdade de xénero. Este proxecto nace coa intención de xuntar ambas as dúas partes. «A consultaría ten moito de educación», explica Cristina, que engade: «É necesario facer pedagoxía para convencer de ir máis aló do cumprimento dunha lei».
prismaigualdad.com – @prismaigualdad
SÉMOLA

Segundo o dicionario da RAG, sémola é a fariña granulada que se obtén do trigo e doutros cereais e que se utiliza na preparación de sopas, masas etc. En Vigo ademais é a sobranceira pastelería que rexenta Fanny Francos desde o ano 2010. A experiencia no sector panadeiro vénlle de vello: seu pai tivo unha panadería da que logo ela tivo que facerse cargo. Alí botou unha década en que, «a base de ir encontrando dificultades no camiño», aprendeu a traballar en equipo dentro do sector. A imaxe de Sémola é cousa do seu home, que é deseñador de interiores. «Creamos a marca unindo a panadería tradicional cunha visión máis moderna, inspirándonos no que xa se facía noutros países», explica Fanny.
- Podéis ver el artículo completo aquí: PRIS HOMES, HOGARES VACACIONALES CON AMOR





