Skip to main content

Gracias a la revista «A MOVIDA GALEGA», por el reportaje que nos hicieron de «O apoderamento de emprender» donde compartimos articulo con mujeres emprendedoras tales como:

 

NAI DISEÑOS

 

prishomes-alojamientos-turisticos-vigo

 

En outubro de 2019, Ana Loredo fíxose empresaria. Logo de traballar moitos anos por conta allea, deuse conta de que necesitaba un cambio de rumbo. Quedar no paro axudoulle a ter un tempo de reflexión para iniciarse na técnica do macramé, da que vive a marca á que deu luz: Nai Diseños. «O macramé é unha técnica cen por cento artesanal; non fai falta nada máis que a corda e as mans para facer nós. Pareceume superversátil», explica Ana, que fabrica bolsos, tapices ou cestas que vende baixo demanda a través da web.

 

naidisenos.es@nai_disenos

 

PRISMA IGUALDADE

 

prishomes-alojamientos-turisticos-vigo

O propósito en común das dúas compañeiras que en setembro do ano pasado puxeron a andar a marca Prisma Igualdade, está declarado: «Achegar a igualdade a persoas e organizacións». Namentres que Cristina Louzán procede do ámbito da consultoría empresarial, Priscila Retamozo dedicábase principalmente a impartir formacións en igualdade de xénero. Este proxecto nace coa intención de xuntar ambas as dúas partes. «A consultaría ten moito de educación», explica Cristina, que engade: «É necesario facer pedagoxía para convencer de ir máis aló do cumprimento dunha lei».

 

prismaigualdad.com –  @prismaigualdad

 

SÉMOLA

 

prishomes-alojamientos-turisticos-vigo

 

Segundo o dicionario da RAG, sémola é a fariña granulada que se obtén do trigo e doutros cereais e que se utiliza na preparación de sopas, masas etc. En Vigo ademais é a sobranceira pastelería que rexenta Fanny Francos desde o ano 2010. A experiencia no sector panadeiro vénlle de vello: seu pai tivo unha panadería da que logo ela tivo que facerse cargo. Alí botou unha década en que, «a base de ir encontrando dificultades no camiño», aprendeu a traballar en equipo dentro do sector. A imaxe de Sémola é cousa do seu home, que é deseñador de interiores. «Creamos a marca unindo a panadería tradicional cunha visión máis moderna, inspirándonos no que xa se facía noutros países», explica Fanny.

 

semola.es  – _semola